Maxia, teatro, concertos, contacontos e moito máis son as actividades pensadas e programadas especialmente para a rapazada

O programa de Nadal presentado polo Concello de Ordes para este ano dará comezo a partir da vindeira semana. Un conxunto de actividades de lecer organizadas dende o departamento de Cultura e especialmente pensadas para a cativada.  

     Así durante o mes de decembro están previstas as seguintes actuacións:

  • Martes 21. O mago David Maestro marcará o arranque desta edición co espectáculo que leva por título Soñando Esperto. Será ás 18 horas na casa da cultura. 

  • Mércores 22. O castiñeiro do apalpador, tamén na casa da cultura ás 18 horas.

  • Xoves 23. Festa de Nadal. Ás 17 horas no pavillón Castelao I.

  • Venres 24. Durante a mañá Papá Noel visitará as rúas de Ordes e xa pola tarde haberá unha concentración de papá noeles moteiros que chegarán nas súas motos.

  • Domingo 26. Concerto de Nadal a cargo da Banda de Música de Ordes na igrexa parroquial de Santa María ás 19.30 horas.

  • Luns 27. Teatro ao cubo presenta Nube, nube, sol ás 18 horas na casa da cultura. 

  • Martes 28. Contada da cociña con Marcelina. Praza de abastos ás 18 horas.

  • Mércores 29. Unha festa de Nadal na fraga. Na casa da cultura ás 18 horas.

  • Xoves 30. Paco Nogueiras traerá ata á casa da cultura o seu espectáculo musical Radio Bulebule. Será ás 18 horas.

  • Venres 31. Carreira de San Silvestre con saída ás 16.30 horas da rúa Entreparques.

Entrado xa o novo ano para o mes de xaneiro levaranse a cabo as seguintes citas:

  • Luns 3. Os Musicreques achegarán a Ordes o seu Contacontos musicais. Ás 18 horas na casa da culutura.

  • Martes 4. Os Musicreques volverán un día máis para, nesta ocasión, representar o seu espectáculo Carolina ultrasónica. Igoalmente será na casa da cultura ás 18 horas. 

  • Mércores 5. Ao longo da mañá os Reis Magos farán un percorrido polas distintas parroquias do municipio e xa pola tarde terá lugar a tradicional cabalgata. 

Como ven sendo habitual o aforo no caso dos espectáculos e actuacións estará limitado por mor da situación sanitaria. Será necesario inscribirse previamente no correo electrónico ordescultura@gmail.com, mesmamente no departamento situado no Concello ou chamando ao 981680002 (Ext. 4). É necesario aportar o nome e apelidas das persoas que vaian asistir e especificar a que espectáculos se asistirá, ademais dun teléfono de contacto.

Nesta ocasión o Concello de Ordes conta co apoio da Deputación da Coruña, do Xacobeo 21-22, e co da Xunta de Galicia para a posta en marcha desta iniciativa.
Por outra banda este ano regresa á alameda de Ordes o tradicional mercado de Nadal do 20 ao 24 de decembro. Unha vintena de artesáns ofrecerán as súas creacións dende as 10.30 ás 21 horas de xeito continuo.