spacer
CAMPAÑA DE NEVE 2022

DESTINATARIOS: Nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da Coruña, de 12 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2021. Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación.

COTA DE INSCRICIÓN: 85 € (oitenta e cinco euros). Será ingresada na conta bancaria que se publicará na páxina web da Deputación da Coruña, facendo constar o nome do/a neno/a, Concello e "Campaña de neve 2022".

PRAZO INSCRICIÓN: Dende o día 30 de novembro ata o 14 de decembro de 2021.

A inscrición debe estar asinada polo pai e a nai, ou se é o caso,polo titor/a.

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.