Laura Romero nas Tardes de contos e lendas
Unha vez máis a biblioteca municipal de Ordes celebra unha sesión das súas Tardes de contos e lendas. Nesta ocasión correrá a cargo de Laura Romero, que levará a cabo un obradoiro de mitoloxía galega. Dirixida á rapazada de 6 e 7 anos, a sesión terá lugar este próximo venres, 26 de novembro, ás 18.30 horas nas mesmas dependencias situadas nos baixos da alameda. Debido ao límite de aforo será imprescindible inscribirse previamente en horario de mañá no teléfono 981681992.
As Tardes de Contos e Lendas forman parte do programa Ler conta moito, desenvolvido por parte da Deputación da Coruña.