O prazo finaliza mañá xoves, 15 de abril

A escola municipal infantil Sorrisos finaliza mañá, xoves 15 de abril,  o prazo de matriculación para novos ingresos de cara ao curso 2021-22. As persoas interesadas poden facerse cos impresos de inscrición solicitándoos no mesmo Concello ou ben descargándoos da súa páxina web  (https://concello.ordes.gal/p/escola-infantil-municipal-sorrisos). 

O centro dispón de máis de 70 prazas destinadas ao primeiro ciclo de Educación Infantil. (8 delas para menores de 0 a 1 anos, 26 para os que teñen entre 1 e 2 anos, e outras 40 prazas para os de 2 e 3 anos).

A escola sitúase no polígono industrial de Merelle e o seu horario é de 7 a 21 horas. Isto fai que do seu servizo educativo o centro supoña para moitas familias ordenses unha efectiva ferramenta de conciliación. Animación á lectura, música, inglés, traballos manuais ou xogos son algunhas das dinámicas que se imparten. Ademais tamén se ofrecen outros servizos como os de comedor, almorzo e merenda; escola de verán (dependendo das prazas vacantes) e horas extraordinarias. 

Os prezos mensuais oscilan entre os 160 e os 80 euros segundo se opte por 8 ou 4 horas diarias de asistencia. Prezos que se verán reducidos nun 20% no caso de tratarse de familias numerosas ou monoparentais, así como se xa se teñen outros irmás ou irmáns na escola. Tamén se poden aplicar descontos en base á renda per cápita da unidade familiar. 

Último día de matrícula na escola infantil Sorrisos