As principais novidades con carácter xeral son:
• Permítese a interacción social entre persoas non convivintes, aínda que en diferente número dependendo da situación en cada zona.
• Ábrese a hostalería e centros de ocio, tamén gradualmente e con limitacións segundo os indicadores.
 
 De momento non se introducen cambios
• No interior dos comercios, onde seguirá habendo aforos do 50 %.  
• No transporte público, que manterá as mesmas condicións vixentes nas últimas semanas.
• No horario nocturno, xa que se mantén as 23 horas como tope máximo de volta ás casas.
 
 En canto á mobilidade:
• O Comité propón a restrición con Portugal. Así se lle vai comunicar ao Ministerio de Exteriores, co que se decidirá se iso implica o peche perimetral de toda Galicia.
• No ámbito interno, o criterio segue como ata agora. É dicir: nas zonas con máximas restricións, debuxarase un perímetro do que non se poderá entrar ou saír agás por razóns xustificadas. Nos ámbitos restantes, haberá liberdade de movementos
 
Niveis de restrición
Máximo: Modelo Carballiño

A hostalería poderá abrir só terrazas ao 50 %, ata as 17 horas e cunha agrupación máxima de 4 persoas.
• Almendra de Pontevedra: Pontevedra, Marín e Poio.
• Almendra que conforman O Grove e Sanxenxo
• Perímetro configurado por Carballo e Laracha
• De forma individual: Tui, Ponteareas, Moaña, Vilalba, Narón, Redondela, Porriño, Cambados e As Pontes.

Medio-alto
Apertura da hostalería a un 30% de aforo no interior, 50% no exterior, ata as 17 horas e cunha agrupación máxima de 4 persoas.
• Almendra de Ferrol (Ferrol, Fene y Neda)
• Almendra de Vigo (Vigo, Mos, Nigrán y Gondomar)
• Almendra Vilagarcía + Vilanova
• Concellos individuales de más de 10.000: Lugo, Lalín, Cangas
• Almendra Coristanco + Cabana + Malpica + Ponteceso
• Almendra Meis + Meaño +Ribadumia
• Almendra Cee + Dumbría + Muxía
• Concellos individuales de menos de 10.000: Oroso, Vimianzo, Ribadavia, Xinzo e Vilaboa.
 
Medio
Apertura da hostalería cun 40% de aforo no interior, 50% no exterior, ata as 23 horas e cunha agrupación máxima de 6 persoas.
• Almendra de Coruña (A Coruña, Culleredo, Arteixo, Oleiros e Cambre)
• De xeito individual: Burela, Laxe, Silleda, Soutomaior, Pontecaldelas, Barro, Cerdedo-Cotobade.
 
Básico
Apertura da hostalería será de 50 % de aforo no interior, 75 % no exterior, ata as 23 horas, e cun máximo de 6 persoas.
• A que era a almendra de Santiago (Santiago, Ames e Teo) .
• A que era a almendra de Ourense (Ourense, Barbadás e Pereiro).
• A nivel individual A Estrada e Ares.
• E mantéñense o resto de concellos galegos.
Nestes concellos non existen restricións de mobilidade.