spacer
BANDO MUNICIPAL COVID-19 (CORONAVIRUS)

Como consecuencia da situación xerada pola evolución do coronavirus COVID-19 é necesario a adopción de medidas de prevención e contención extraordinarias polas autoridades, a fin de garantir a protección da saúde pública. 

As presentes medidas aplicaranse dende o día 13 de marzo de 2020 e estarán vixentes ata o día 30 de marzo de 2020. 

  1. Suspensión de todas as actividades culturais e deportivas organizadas polo Concello de Ordes en edificios e instalacións municipais. 

  2. Suspensión do Curso de habilidades sociais organizado polo Concello de Ordes en Mesón do Vento. 

  3. Suspensión da autorización para utilizar os locais sociais municipais para o desenvolvemento do Programa Prescolar na Casa. 

  4. Peche dos edificios e instalacións municipais seguintes: 

    • Piscina Climatizada Municipal.

    • Parques infantís.

    • Pista Multideporte.

    • Biblioteca Municipal.

    • Escola de Música.

    • Local de ensaios.

    • Casa da Cultura.

    • Museo do Traxe.

    • Pavillóns polideportivos municipais.

    • Cidade deportiva de Vista Alegre.

    • Local social da 3ª idade.

    • Locais sociais das parroquias. 

  5. Atención ao público polos servizos administrativos na Casa Consistorial.  Unicamente se atenderá presencialmente nas oficinas de Rexistro Xeral e Padrón de Habitantes (09:00 a 14:00 horas). 

Nos resto de servízos administrativos municipais a atención será exclusivamente telefónica e telemática. No caso de ser precisa atención presencial deberá solicitarse previamente en cada servizo. 

Todos os administrados poden utilizar medios telemáticos para a xestión administrativa para o que está dispoñible a sede electrónica do Concello de Ordes https://sede.ordes.gal

Poderá obterse información actualizada a través da web municipal na seguinte dirección: https://concello.ordes.gal/p/actualidade-covid-19

Por último, recomendase que se extremen os coidados persoais, e se cumpra coas recomendacións feitas públicas polas autoridades sanitarias e se tomen medidas para evitar que los contaxios continúen aumentando.

É obriga e responsabilidade de todos tomar as precaucións precisas tanto para preservar a nosa saúde e a das nosas familias, como para axudar a que o sistema sanitario non colapse e os seus profesionais poidan continuar a desenvolver o seu traballo coa eficacia, dedicación e entrega que tan ben o están facendo ata agora.