ACTUALIZACIÓN AVISO: ALERTA LARANXA/AMARELO POR CHOIVA/VENTO
ACTUALIZACIÓN DA ALERTA NO ARQUIVO ADXUNTO
ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS PARA GALICIA
-
DATA DE ENVIO: 17/12/2019
-
TIPOLOXÍA: VENTO/CHOIVA ESTE AVISO CONSIDÉRASE VÁLIDO ATA A MODIFICACIÓN NO NIVEL DE ALERTA.
-
NIVEL DE ALERTA: LARANXA/AMARELO
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no seu Boletín 117/71GAL, emitido ás 22:15 hora oficial do 17/12/2019, dun fenómeno meteorolóxico adverso por VENTO que afectará a toda Galicia a partir das 11h.da mañá do día 18/12/2019. Nas zonas de A Coruña (Noroeste, Oeste, Suroeste, Interior), Lugo (A Mariña), Ourense (Noroeste) e Pontevedra (Rías Baixas, Miño, Interior) se acadará nivel LARANXA, con refachos de ata 100 km/h, e no resto de Galicia o nivel se manterá en AMARELO.
A borrasca virá acompañada de choivas intensas (NIVEL AMARELO) desde a madrugada do día 18/12/19, en Coruña (Suroeste, Oeste e Interior), Ourense (Noroeste e Sur) e na provincia de Pontevedra. Poden recollerse ata 60 mm. en 12 horas.