spacer
Novo Sábado de portas abertas do Goberno local

O vindeiro sábado, 22 de decembro, membros do equipo do Goberno local estarán de 10 a 13 horas á disposición da cidadanía no mesmo Concello. Como cada última fin de semana do mes terá lugar o chamado Sábado de portas abertas do Goberno local. Unha medida especialmente pensada para aquelas persoas que non poden acudir ao Concello nos horarios establecidos durante os días laborables. Aínda que non é preciso solicitar cita previa quen o desexe pode facelo chamando ao 981 680 002, extensión 0.

     Cómpre lembrar que tamén existe a posibilidade de contactar con Alcaldía a través do correo electrónico habilitado na páxina web do Concello de Ordes, http://www.ordes.gal, así como na App oficial do Concello de Ordes, a cal se pode descargar a través dos seguintes enlaces:

  1. ​descargar versión para Android
  2. descargar versión para IOS