Concerto benéfico de Nadal da Asociación Amigos da Música de Ordes.
Concerto solidario de Nadal da Banda de Música de Ordes.
Será o 29 de decembro na Casa da Cultura. Solicítase ás persoas asistentes que doen alimentos e produtos de hixiene para Cruz Vermella.
En colaboración co Concello de Ordes o vindeiro 29 de decembro a Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes celebrará o seu tradicional Concerto de Nadal. Será na Casa da Cultura de Ordes ás 20 horas.
Este ano o concerto virá marcado por varias novidades. A primeira é o repertorio que basado no tradicional concerto de fin de ano vienés, con obras de Tchaikovsky e Strauss. Todo baixo a batuta de Óscar Prieto, recentemente nomeado director da Banda de Música de Ordes. A segunda será o carácter solidario do concerto. En colaboración coa Cruz Vermella de Ordes solicítase que todas aquelas persoas que asistan traian alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene.