Juanjo Linares
D. Juan José Linares Martiáñez (Ordes, 6 de setembro de 1933 – Madrid, 16 de novembro de 2009).
Bailarín e coreógrafo profesional, mestre de danza española, patrón do Spanish Dance Institute de Perth (Australia), Mestre do Mundo segundo a Northeastern University de Chicago (Illinois, EEUU) e investigador no campo do baile folclórico en xeral. Foi nomeado fillo predilecto de Ordes no ano 1991 e unha das rúas da vila leva o seu nome. Ao longo de 40 anos dedicouse por enteiro a investigar as danzas tradicionais de España, a difundilas e a ensinalas, dende que en 1970 abandonou os escenarios por problemas de saúde. Fundou varios grupos de danza, entre eles Sementes da Arte de Ordes.
Entre os premios e recoñecementos que se lle outorgaron ao longo da súa vida destaca a Medalla de Belas Artes, categoría de prata (1994). -Medalla de Ouro do Concello de Ordes (1991). -Medalla de Ouro do Festinatel, Lisboa (1981). -Medalla de Ouro de E.D. (1957). Medalla de Galicia, categoría de bronce (2003).
Tamén destacan as súas publicacións sobre a danza e os traxes rexionais. O Baile en Galicia, Historia del Traje en Galicia. Danzas de Sasamón, El Traje y la Danza, Aproveitamento dos tempos livres dos trabalhadores, (Lisboa) etc. Ao longo da súa vida publicou numerosos traballos de investigación, A Danza en Órdenes y su Comarca, La Danza en Galicia, La Danza en Vinaroz, La Danza en Castellón, La Danza en Llerena, La Danza en Extremadura, La Danza en Andalucía, La Danza en Cataluña, La Danza en Madrid y provincia, La Danza en Asturias, La Danza en Vascongadas, La Danza en Baleares, La Danza en Canarias, La Danza en Jarandilla de la Vera, La Danza en Pasarón de la Vera, La Danza en Villasandino, La Danza en Melgar de Fernamental, La Danza en Mota del Cuervo, La Danza en la Sierra Madrileña.
Deixou un legado de centos de traxes rexionais á Fundación que leva o seu nome que se poden contemplar no Museo do Traxe Juanjo Liñares, inaugurado en xaneiro de 2010 en Ordes. Outras coleccións son as de cruces, castañolas ou bonecas.