spacer
FESTIORDES

Xavier Díaz e Adufeiras de Salitre, Monoulious DOP e os locais Dios Ke Te Crew compoñen o cartel. A cita terá lugar no Campo da Feira.

O vindeiro venres, 23 de setembro, o Campo da Feira de Ordes acollerá o FestiOrdes. Financiado polo Xacobeo 21-22, o cartel deste festival congregará a figuras como Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, ademais de grupos como Dios Ke Te Crew e Monoulious DOP. Os concertos darán comezo a partir das 21.30 horas e agárdase que á cita acudan milleiros de persoas. 

A presentación do festival tivo lugar o venres, 16 de setembro, mediante unha rolda de prensa no mesmo Concello de Ordes na que participaron a directora de Turismo, Nava Castro; o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo e o concelleiro de Obras, José Antonio Cabeza, entre outros. Nava Castro destacou a importancia deste tipo de eventos e celebracións “que veñen constatar as festas galegas como un dos maiores patrimonios culturais e turísticos que, ademais, potencian o éxito rexistrado neste Ano Santo.

Entre as entidades que participan na celebración do festival figuran o Concello de Ordes, Movida Ordes, Revenidas e a Xunta de Galicia.