O vindeiro sábado 28 de decembro a Banda de Música de Ordes celebra ás 20:00 horas o Concerto de Nadal que este ano leva por nome "Solistas Solidarios".

A Asociación Cultural Amigos da Música organiza en colaboración co Concello de Ordes o tradicional festival de Nadal composto por diferentes pezas musicais interpretadas por diferentes solitas. Ademais como xa é tradición neste concerto, a acción solidaria deste ano vai destinada á investigación da síndrome de Rett.
Esta síndrome é unha enfermidade conxénita e dexenerativa que afecta a unha de cada dez mil nenas e que se fai evidente ao ano de vida, cando comezan a perder capacidades de maneira progresiva.

Todo o recaudado neste festival solidario, donarase íntegramente ao Hospital Sant Joan de Déu, centro de referencia na investigación de dita síndrome.

ENTRADA DE BALDE

SOLISTAS SOLIDARIOS