En total participarán máis de 100 alumnos e alumnas. Tamén subirán ao escenario os grupos de combo rock, combo jazz e a banda xuvenil

O vindeiro sábado, 16 de decembro, os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música ofrecerán o seu concerto de Nadal. Terá lugar no auditorio da casa da cultura ás 12 horas e a entrada será de balde para todas as persoas que queiran acudir. 

En total estímase que participarán máis de 100 persoas pertencentes aos grupos de música e movemento, piano, guitarra, percusión e o coro da escola. Tamén subirán ao escenario os integrantes dos grupos de combo rock e combo jazz, así como os da banda xuvenil que, entre outras pezas, interpretarán o tema central da película Mary Poppins.

CONCERTO DE NADAL ESCOLA DE MUSICA DE ORDES