DESORDES SONORAS 2017
Festival musical
Dende o 12 de agosto terá lugar a sexta edición do festival musical DesOrdes Sonoras. Unha cita que este ano aúna nunha mesma xornada a actuación dos seguintes grupos: Los Bengala, Igmig, Xenderal, Santiuve Da Xoo Bros e Bigote Mix.
O escenario escollido para que todas as persoas que queiran poidan asistir de balde a partir das 22 horas será o parque da Constitución. Ademais tamén haberá unha sesión vermú no mesmo lugar a partir das 13 horas, na que actuará Sabela King & The Heartbreakers e na que se fará unha exhibición de pintura en directo.