O festival de arte na rúa pioneiro en Galicia cumpre este ano a súa primeira década de vida e terá lugar do 7 ao 13 de agosto.

Do 7 ao 13 de agosto Ordes volverá a ser o máximo punto de interese no que se refire a arte urbana, grazas á décima edición do festival internacional DesOrdes Creativas. 
Unha vez máis as fachadas dos edificios e outros espazos públicos servirán de lienzos para a realización dos murais que pasarán a formar parte da paixase da vila. Deste xeito o festival pioneiro deste tipo de todos os que se suceden polo territorio galego cumpre a súa primeira década. Nesta ocasión contarase coa participación dos seguintes artistas: Spy, Javier Abarca (Madrid), Erica il Cane (Italia), Xoana Almar, Sekone (Galicia), Carlos Goma, Nömada (Almería), Bastardilla (Colombia), Saturno (Cataluña). Ademais das súas obras o cartel inclúe outro tipo de actividades como obradoiros, master class, exhibicións, seminarios e roteiros polos distintos murais, máis de 50 en total, dos que figuran no rueiro ordense. 
Museo aberto
Dende que comenzara a súa andaina no ano 2007 polo DesOrdes Creativas, idea orixinal do colectivo Creativo Mutante, levan pasado preto de medio cento de artistas de distintos lugares do mundo, nalgúns casos auténticas figuras dotados con prestixiosos premios a nivel internacional. O Festival actúa como unha eficaz ferramenta de rexeneración urbana e diálogo social, que convirte vellos espazos en desuso ou abandoados en novos lugares cheos de vida e cor para o desfrute colectivo. O fin último e transformar o lugar nun grande museo público e gratuíto a ceo aberto. 
Ambos festivais están organizados polo Concello de Ordes e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

DESORDES CREATIVAS 2017