TARDE DE MONICREQUES PARA TODA A FAMILIA

SÁBADO 20 DE MAIO "CONTANDO CANTANDO" de Seisdedos. 

Dous músicos metidos a cociñeiros deciden facer unha sopa de cocido solidaria para repartir entre o público. Un pequeno erro de interpretación na receita provoca que o resultado sexa unha riquísima sopa de música, cantigas e contos, na que atoparemos tropezóns como o gato do romance, unha ratiña moi presumida e todos os seus pretendentes, os habitantes dun galiñeiro moi particular e ata unha parella moi especial.

  • Dirixida a todos os públicos
  • 19:00 horas
  • Alameda de Ordes (en caso de chuvia no auditorio da Casa da Cultura)
LETRAS GALEGAS. TARDE MONICREQUES.