MUSEO DO TRAXE DE ORDES Exposicións
EXPO: HISTORIA DA FOTOGRAFIA
Historia da Fotografía é unha exposición producida polo ordense Xosé Rivera que narra a través de cámaras, imaxes, documentación e unha vídeorreportaxe a evolución da arte fotográfica dende o seu nacemento ata o presente.
A mostra ten un carácter didáctico, conta como funciona unha cámara escura, a evolución da técnica fotográfica e as fotografías máis icónicas da historia, imaxes que nos amosaron unha realidade que descoñeciamos e que cambiaron o mundo porque achegaron luz a realidades ocultas ata que unha cámara as capturou.
Xosé Rivera fará visitas guiadas a grupos escolares, tamén poden reservar cita para grupos a través da Concellaría de Cultura ou de www.xoserivera.com