CAMPO DA FEIRA DE ORDES Eventos
PISTA DE XEO
Do 8 de decembro e ata o remate das festas instalarase unha pista cuberta no Campo da Feira para uso e desfrute de veciños, veciñas e visitantes
Dentro das novidades que o Concello de Ordes ten organizadas de cara ás vindeiras festas de Nadal está prevista a instalación dunha pista de xeo. Veciños, veciñas e visitantes poderán desfrutar dela dende o 8 de decembro ata o 8 de xaneiro no Campo da Feira. Contará cunhas dimensións de 15 x 20 m, carpa transparente, despacho de billetes, área de patíns, bancos e música ambiental.
Dende o 1 ao 21 de decembro o horario de apertura será de luns a venres de 17 a 22 horas. A partir do día 22 de decembro abrirá de luns a venres de 12 a 14 e de 17 a 22 horas . Sábados, domingos e vésperas de festivos de 11 a 14 e de 17 a 22 horas.
Dende o 1 ao 21 de decembro os centros escolares e grupos poderán contar con interesantes descontos no caso de reservar a entrada previamente e acudir en horario académico (4 euros). As demais entradas terán un custo de 6 euros por unha hora. A empresa proporcionará os patíns, tendo que levar os usuarios e usuarias a roupa axeitada e de abrigo para poder desfrutar da experiencia nas mellores condicións. Os nenos e nenas menores de 8 anos deberán estar acompañados dunha persoa adulta.