spacer
ORDES +LIMPO

CONTEDOR AMARELO: Envases de plástico, latas e briks.

  • PERMITIDO:

    • ​Botellas de plástico que contiveran líquidos (aceites vexetais, refrescos, auga, leite,...).

    • Botes de plástico que contiveran produtos de aseo ou limpeza (xel de baño, xampú, limpadores do fogar, ...).

    • Botes de cosméticos.

    • Tubos de dentífrico.

    • Bandexas de aluminio, porexpán ou cortiza branca. 

    • Redes de envoltorios de froitas ou verduras. 

    • Plásticos film e envoltorios de aluminio.

    • Bolsas de plástico dos comercios.

    • Envases plásticos de manteiga, iogur ou aperitivos.

    • Envoltorios de plástico de magdalenas, galletas, etc.

    • Briks de leite, batidos, viño, zumes,...

    • Latas de conservas (tomate, atún, sardiñas...) e de bebidas e refrescos.

    • Tapóns e tapas metálicas (de botellas, frascos...). 

  • PROHIBIDO:

    • Residuos de plástico que non sexan envases (xoguetes, cepillos de dentes, rotuladores, cables eléctricos, enchufes,...), así como cueiros, restos de alimentos, papel, vidro, pilas, etc... 

  • RECOMENDACIÓNS:

    • Os envases deben estar balei-ros antes de depositalos no contedor amarelo. 

    • Non se deben introducir uns dentro doutros. 

    • Convén pregar os envases que o permitan para que ocupen o menor espazo posible. 

CONTEDOR AZUL: Papel e cartón.

  • PERMITIDO:

    • Xornais e revistas. 

    • Cadernos sen argolas, sen grampas e sen arames. 

    • Papel de envolver ou embalar.

    • Caixas de cartón (de galletas, cereais, zapatos,...)

    • Envases de papel (de arroz, fariña, azucre...)

    • Cartóns de ovos.

    •  Acolchado de embalaxes (cando sexa de papel ou cartón).

    • Libros.

    • Follas de apuntamentos. 

  • PROHIBIDO:

    • Papeis tratados-encerados, plastificados, de calco, sucios ou con restos de graxa, así como briks (cartóns de leite, zume, viño, etc..), cueiros, aluminio, etc... 

  • RECOMENDACIÓNS: 

    • O papel e o cartón non deben conter elementos accesorios: argolas metálicas, grampas, arames, espirais, etc... 

IGLÚ VERDE: Envases de vidro.

  • PERMITIDO:

    • Botellas de vidro de calquera cor.

    • Tarros de vidro.

    • Frascos de conservas.

    • Tarros de cosmética e perfumería. 

  • PROHIBIDO:

    • As tapas, tapóns e cortizas das botellas, así como vidros especiais (restos de cristalerías, parabrisas de coches, cristais de fiestras, espellos, etc...). 

  • RECOMENDACIÓNS:

    • Antes de introducir un envase de vidro no iglú verde, é preciso optar por reutilizalo para outras aplicacións. As posibilidades son múltiples. 

CONTEDOR XENÉRICO: Fracción resto.

  • PERMITIDO:

    • Restos orgánicos (en caso de non dispoñer de composteiro). 

    • Cueiros, compresas.

    • Papel e cartón con restos de graxa.

    • Panos de papel usados.

    • Bastonciños de algodón.

    • Toalliñas desbotables.

    • Papel de aluminio sucio.

    • Coiro. 

    • Bolígrafos.

    • Pequenos obxectos plásticos, metálicos ou de madeira de uso caseiro que non sexan envases. 

    • Pequenos xoguetes de plástico. 

  • PROHIBIDO:

    • Os residuos susceptibles de ser reciclados. ​

  • RECOMENDACIÓNS: 

    • Aproveita ao máximo os alimentos e evita tiralos ao contedor do lixo. 

    • Se vives no rural ou dispós de horta, xardín ou terras de cultivo, pódeste valer da compostaxe doméstica para reciclar en orixe a materia orgánica, evitando que esta acabe no contedor xenérico. 

    • Utiliza o punto limpo para depositar os residuos especiais ou voluminosos, evitando así a saturación dos contedores e maximizando tamén as posibilidades de reutilización e reciclado. 

ORDES +LIMPO