A actualización e o cambio de tarifas e de potencia contratada reducirá en 28.000 € o gasto. A futura licitación do servizo garantirá o uso de a lo menos un 30% de enerxía renovable e un descenso de máis de 10.000 €  na facturacion.

O Concello de Ordes aforrará a partir de este ano 44.850 € no seu consumo enerxético, un 15% da súa facturación anual. Así se estipula tras os resultados da auditoría realizada recentemente en base ao gasto e consumo do ano 2016.

Entre outros aspectos destácase a actualización e o cambio de tarifas e de potencia en 38 dos 114 contratos que a día de hoxe a Administración local ten asinados coa empresa subministradora. Unha medida que traducida en términos onerosos significa un aforro de 28.100 €. O Concello poderá dispoñer cada ano doutros 2.700 € grazas á próxima instalación de baterías de compensadores que suporán a eliminación das penalizacións polo uso de enerxía reactiva. Dito proxecto de compensación de reactiva realizarase para un total de 4 puntos distintos.
     Ademais do inventariado de todo o concello para posteriores actuacións a empresa encargada desta auditora tamén revisou as facturas dos últimos cinco anos atopándose 24 erros que suporán unha devolución de 4.200 €.

Licitación 
A intención do actual equipo de goberno, encabezado por José Luis Martínez Sanjurjo, pasa por sacar a licitación o subministro eléctrico de todo o Concello, con que se estima un aforro asociado de entre 10.000 e 15.000 € anuais. Con esta decisión garántese que o Concello de Ordes dará debido cumprimento coa normativa estipulada dende a Xunta de Galicia, a cal obriga a que entre o 30% e o 40% do seu subministro eléctrico proceda de fontes de enerxía renovable.