spacer
Torneo Concello de Ordes de Fútbol Sala, categoría biberón

Ana Soneira, concelleira de Deportes de Ordes, foi a encargada de entregar os trofeos no Torneo Concello de Ordes de Fútbol Sala categoría biberón. En total participaron arredor de 50 pequenos futbolistas con idades entre os 4 e 5 anos, provenientes de equipos de Melide, Curtis e Ordes. Unha vez máis o Jogafán Fútbol Sala foi o anfitrión desta proba, a cal se disputou no pavillón Castelao II.

Torneo Concello de Ordes de Fútbol Sala, categoría biberón

Marcos e Iago posan cos seus pupilos da categoría Biberón