Máis de 250 patinadores e patinadoras no III Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Artística
Máis de 250 patinadores e patinadoras dunha vintena de clubs galegos participaron esta fin de semana no III Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Artística. A competición foi organizada polo C.P. Galia de Ordes en colaboración co Concello, Deporte Galego e a Deputación da Coruña.
As votacións do xurado deixaron os podios do seguinte xeito:
- Rexional benxamín: 1º Sara Domínguez, (C.P. Oroso), 2º Antía Cotelo (C.P. Conxuro) e 3º Antía Calvo ( C.P. Galia).
- Rexional alevín:1º Alba Valladares (C.P. Sarela), 2º Carolina Lema (C.P. Omega) e 3º Marta Lariño (C.P. Omega).
- Rexional infantil: 1º Leire Fernández (C.P. Ágora), 2º Lucía Rodríguez (C.P. Fontiñas) e 3º Yomara Ferreiro (C.P. Ágora).
- Cadete: Alexandro Redondo (A.D. Liceo), 2º Nerea Manteiga (C.P. Oroso) e 3º Carlo Signiorini (C.P. Ágora).
- Absoluta: 1º Clara Amado (C.P. Conxuro), 2ºAndrea García (C.P. Conxuro) e 3º Brais Becerra (C.P. Omega).
- Nacional benxamín: 1º Alicia Lariño (C.P. Omega), 2º Yanira Gómez (C.P. Ágora) e 3º Lucía Deus (C.P. Galia).
- Nacional alevín: 1º Claudia Piñeiro (C.P. Conxuro), 2º Inés Peña (C.P. Sarela), 3º Antía Lourido (C.P. Ágora).
- Nacional infantil: 1º Aldara Couce (C.P. Sarela), 2º Lara Reboredo (C.P. Galia) e 3º Alba Diéguez (C.P. Galia).
O alcalde de Ordes e a concelleira de Deportes, José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, foron os encargados de entregara os trofeos. Pola súa banda Unai Cereijo, campión de España alevín (Patinador do CPA Maxia da Coruña), deleitou a todo o púlico unha exhibición que foi correspondida cun grande aplauso.
Nesta ocasión organización contou co apoio e colaboración das seguintes firmas comerciais: Cervecería O Vintesete, imprenta Alpi, Obras Ordes, Ralarsa, bar Gerardo, café-bar Susa, cafetería Feitizo, peluquería Rama, clínica dentarl Alberto Rama, setas Louro, Sportec, autocares Rogelio, zapatería Pasos, café-bar O Rei de Copas, tienda Tasmania, Albeitería, arquitectura Leandro del Río, H H, hamburguesería A Bolera, publicidad A&G, bar El Puente, Little Coffee, estación de servicio Ordes, zapatería Carma e Deleite.