A Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes honra a Santa Icía cunha gran festa
Tivo lugar no pavillón Campomaior, onde se presentou XXV anos o último traballo discográfico da Banda de Música de Ordes. O programa incluíu un gran xantar popular, actuacións, actividades para a rapazada, baile etc
A Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes organizaou neste día unha xornada do máis festiva para celebrar e honrar a Santa Icía, patroa dos músicos.
O lugar de encontro para socios, socias, integrantes da Banda de Música de Ordes e a veciñanza que quiso participar do acto foi o pavillón Campomaior. A instalación adaptouse para poder desenvolver un amplo programa que arrancou coa presentación de XXV anos, o último traballo discográfico gravado pola Banda de Música de Ordes.
Tras isto chegou o momento do xantar popular. Arredor de 300 persoderon boa conta do polbo, a empanada e toda unha serie de delicias típicas da terra. Para nanimar a sobremesa estiveron os grupos folclóricos e a la banda xuvenil os cales deron paso, xa preto da noite, á orquestra Fania Blanco Show. Neste día a Asociación Amigos da Música de Ordes contou coa colaboración da Asociación Brincadeira, de Santiago de Compostela, ademais doutras formacións e grupos locais como Os Viqueiras, Embruxo Gaiteiros, ou o coro da banda que por primeira vez actuaba en Ordes e que recibiu un grande aplauso tras interpretar o tema Lela.

Entre os asistentes a este acto non faltaron os alcaldes de Ordes e Oroso, José Luis Martínez Sanjurjo e Monolo Mirás respectivamente, así como o concelleiro de Cultura, Xosé Manuel Mira, entre outros.