Ordes Events, esta fin de semana no Pazo do Bidueiro
Terá lugar os días 28 e 29 deste mes. Nela máis de 20 firmas comerciais do municipio ofrecerán o mellor para calquera tipo de celebración
Estes próximos sábadop e domingo, 28 e 29 de outubro, o Pazo do Bidueiro albergará de 11 a 20 horas Ordes Events. Trátase dun salón no que se poderán ver todas as novidades para calquera tipo de celebración relacionadas con enlaces matrimoniais, bautizos, primeiras comuñóns etc.
Nesta primeira edición participarán máis de 20 firmas comerciais Estas son: Gráficas Alpi, clínica dental Alberto Rama, La tienda de Ana, animación musical EneB, Kyrie, centro de actividades Koala, Kukadas, MX AF, Alfonso joyeros, Gala, Pazos, Sonora Music, Ekaté, Silvia Vieites, Patricia Palmeiro peluquería, Tasmania, Futur Viajes, Javier Alfonso, Aromas, Estela Montes fotografía e La Repro Eventos.
A cita está organizada pola Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES).
