spacer
Listado de cans en adopción da canceira municipal

A Canceira Municipal está xestionada pola Asociación C. Amigos da Canceira de Ordes que se organiza cos seguintes obxectivos:

  • Manter o SACRIFICIO CERO na canceira de Ordes.
  • Procuramos novos fogares para os cans abandonados.
  • Fomentamos o non abandono e o non maltrato.
  • E difundimos valores éticos e de respecto aos animais!

Podes seguir todas as nosas actividades no noso Facebook ( https://www.facebook.com/segundaoportunidade.ordes/) e se queres saber máis ou unirte á asociación non dubides en escribirnos ao correo segundaoportunidade.ordes@gmail.com, estaremos encantados de coñecerte!
Centro de recollida de animais abandonados
A.C. Amigos da Canceira de Ordes
Contamos contigo para que nos axudes a que Ordes sexa un Concello sen abandono, sacrificio cero, e animais e persoas felices! Por todas estas razóns, aquí che explicamos situacións nas que te podes atopar, para que saibas que facer en cada unha delas:
Que facer para adoptar un can:
O primeiro é poñerte en contacto coa Asoc. Amigos da Canceira de Ordes, podes facelo polos seguintes medios:
Escríbenos ao facebook: https://www.facebook.com/segundaoportunidade.ordes/
Escríbenos ao correo electrónico: segundaoportunidade.ordes@gmail.com
Ou chámanos: 696 885 323 (Chita)
O seguinte é ver os cans en persoa, para coñecer á túa futura mascota. Por suposto solicitaremos o teu compromiso de coidar ben e de forma responsable o can adoptado, garantir un espazo e unhas condicións de benestar boas e suficientes para o tipo de canciño que adoptas. Quedarán rexistrados na canceira os datos do novo fogar e o novo dono.
O can sairá da canceira co pasaporte que inclúe todos os tratamentos veterinarios recibidos e debidamente identificado co seu chip. Este proceso ten un custo: 25€, o único custo que ten para unha persoa adoptar un can na canceira de Ordes neste momento.
Que facer se perdiches un can:

  • Pode ser que fose recollido e levado á canceira, ponte en contacto coa canceira, podes facelo por estes medios:
    • Escríbenos ao facebook: https://www.facebook.com/segundaoportunidade.ordes/
    • Escríbenos ao correo electrónico: segundaoportunidade.ordes@gmail.com
    • Ou chámanos: 696 885 323 (Chita)
  • Avisar ao teu veterinario da perda ou mesmo aos veterinarios da zona en que o perdiches.
  • Avisar á Policía Local do Concello (tfno. 676 975 533) de onde o perdiches.

Que facer se atopaches un can:
Enténdese que un animal está abandonado se circula polas vías ou espazos públicos sen ningún sinal polo que se poida identificar ao seu propietario ou posuidor e non vai acompañado por ningunha persoa.
O can abandonado será recollido polos servizos municipais que o trasladarán á canceira de Ordes ata que o reclamen ou, pasado un tempo prudente, sexa adoptado.
Ponte en contacto coa Policía Local do Concello: 676 975 533 para que o laceiro o recolla.
Se estás pensando en ter unha mascota, temos unha mensaxe máis para ti: NON MERQUES, ADOPTA!

LISTADO DE CANS EN ADOPCIÓN DA CANCEIRA MUNICIPAL "SEGUNDA OPORTUNIDADE"
LINDA LINDA GALERIA
CHELSY CHELSY GALERIA
LANDRO LANDRO GALERIA
CEREIXO CEREIXO GALERIA
FAMILIA CHA FAMILIA CHA GALERIA
POLY POLY GALERIA
RUBY RUBY GALERIA
BRUNO BRUNO GALERIA
TRUFA TRUFA GALERIA
SIL SIL GALERIA
MARGARITA MARGARITA GALERIA
SIMBA SIMBA GALERIA
JIMMY JUMMY GALERIA
TITAN TITAN GALERIA
MERY MERY GALERIA
MELA MELA GALERIA
DUMBA DUMBA GALERIA
MORFEO MORFEO GALERIA
LISSY LISSY GALERIA
PIPA PIPA GALERIA
PATAS PATAS GALERIA
LISTADO DE ADOPCIÓNS ANO 2016
BOBY
BOBY
BOBY
BOBY
BOBY
BOBY
BOBY
BOBY
BOBY
BOBY
BOBY
BOBY
BOBY
BOBY