Esta mañá tivo lugar no Museo do Traxe de Ordes a segunda xuntanza para a posta en marcha do convenio de prevención e defensa contra incendios. Ademais do persoal da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia á cita acudiron a case totalidade dos municipios integrantes do terceiro distrito forestal, representados polos seus alcaldes, concelleiros e técnicos das áreas relacionadas. 
     A orde do día incluíu distintos aspectos relacionados cos desbroces, motobombas e brigadas. Cada un dos asistentes tivo ocasión de poñer en común a evolución dos seus traballos e situación particulares, así como plantexar dúbidas e aportar suxestións. 
     No caso de Ordes a súa adhesión ao dito convenio céntrase nos traballos de desbroce realizados na área da concentración parcelaria de Ardemil, os cales están completados ao 100%. Por parte do goberno local o encargado de acudir a este encontró foi o edil José Manuel Rodríguez.

Xuntanza do terceiro distrito para a posta en marcha do convenio de prevención e defensa contra incendios