O comandante xeral da Infantería de Mariña preside os actos de homenaxe ao Soldado Lois
Desfiles militares, xura civil de bandeira e concertos musicais formaron parte do programa de actos conmemorativos polo 80 aniversario do pasamento do que é fillo predilecto do municipio. Tamén acudiron o Conselleiro de Política Social e o delegado territorial da Xunta na Coruña
O Concello de Ordes conmemorou hoxe o 80 aniversario do pasamento de Manuel Lois, coñecido popularmente como Soldado Lois e finado no ano 1937 a bordo do buque Baleares. O que é fillo predilecto de Ordes foi condecorado coa máis alta distinción militar ao valor heroico, a Cruz Laureada de San Fernando.
Ademais do numeroso público congregado tamén asistiron máis de medio cento de representantes militares e civís do ámbito autonómico, provincial e local. Entre as autoridades presentes destacou a presenza do xeral de división e comandante xeral da Infantería de Mariña, Jesús Manuel Vicente Fernández. Tamén hai que sinalar a Xosé Manuel Rey Varela, conselleiro de Política Social; Ovidio Rodeiro, delegado da Xunta de Galicia; Carlos Pérrez-Urruti Pérez, comandante do Tercio Norte; Juan Carlos Sacha Orduña, delegado de Defensa da Coruña; Alejandro Rodríguez Tubío, Tenente Infantería Marina; Francisco Javier Jambrina Rodríguez, xefe da Gardia Civil da Coruña; Félix García, Xefe da Comisaría Local de Santiago; Jesús del Río Caamaño, capitán da Garda Civil de Tráfico da Coruña e José Manuel Pérez Maside, xuíz maxistrado do xulgado de Ordes. O goberno local ordense acudiu en pleno, estando encabezado polo actual rexedor, José Luís Martínez Sanjurjo.

O comandante xeral da Infantería de Mariña firmando no libro de honra do Concello de Ordes
Honor e respecto
O programa arrancou cunha misa solemne na parroquia de Santa María de Ordes. Inmediatamente despois o comandante xeral da Infantería de Mariña asinou no libro de honra do Concello, acto que estivo seguido dun desfile militar polas principais rúas da vila ata a súa chegada á alameda do Soldado Lois. Tras o izado da bandeira española chegou o momento da xura civil, na cal participaron veciños, veciñas e moitas das autoridades presentes no acto. Posteriormente levouse a cabo unha ofrenda floral ante o monolito erixido en recordo do homenaxeado neste día, na que tamén huoubo palabra de lembranza para outros caídos. Dita ofrenda foi realizada polo comandante xeral da Infantería de Mariña, quenes posteriormente se desprazaron ata o cemiterio do Piñeiro para rendirlle honores e amosar os seus respectos ante a tumba mausoleo de Manuel Lois García.
No momento dos discursos abundaron palabras de eloxio e admiración para a persoa de Manuel Lois García, destacando a súa entrega e sentido do patriotismo e do compañeirismo, o que o levou a entregar a súa vida par salvar a do resto dos mariñeiros cos que compartía misión. Por parte de José Luís Martínez Sanjurjo tamén houbo momentos de lembranza para as vítimas de ambos bandos da Guerra Civil.
Para concluír a Banda de Música do Terzo Norte da Infantería de Mariña de Ferrol ofreceu un concerto, o cal foi seguido por un gran número de persoas. Este día tan sinalado foi o escollido para a estrea do tema ‘Soldado Lois’ composto polo director da banda, quen tamén lle fixo entrega a José Luís Martínez Sanjurjo da partitura de dita composición. Un xesto moi valorado por todas e todos os asistentes que mantiveron os seus aprausos durante un bo anaco.