spacer
Ordes revive a movida dos anos 80

A xente de Ordes vibrou novamente coa música dos anos 80 co concerto ofrecido na noite de onte pola Versions Band, Seguridad Social e Los Limones. O I Festival Sons de Ordes encheu o centro do pobo dun público entregado que non parou de corear temas tan coñecidos como La chica de ayer, Chiquilla ou Ferrol.
Hoxe será o día grande das festas patronais na honra a Santa María. O programa arrancará ás 12 horas coa misa solemne. Gaiteiros, cabezudos e charangas animarán a xornada máis fetiva do ano. As orquestras Armonía Show e Galilea serán as encargadas de facer bailar aos que se acheguen á sesión vermú e á verbena nocturna.
 

Ordes revive a movida dos anos 80