Ana Soneira acompaña á S.D. Club Órdenes na súa presentación
A concelleira de Deportes do Concello de Ordes, Ana Soneira, acompañou ao novo equipo da S.D. Club Órdenes na súa presentación oficial. Un acto que tivo lugar recentemente no campo de Vista Alegre e no que por primeira vez e de maneira conxunta se puido ver o renovado cadro de xogadores que este ano competirán na categoría Preferente Galicia. A edil desexoulles sorte ante a nova tempada e tivo palabras de ánimo para todos. De feito só dous xogadores do curso anterior permanecen nas filas do conxunto que pasa a estar dirixido polo técnico Iñaki Tembra. A primeira proba do equipo terá lugar hoxe mércores na Copa Deputación.
