spacer
Gran festa con Uxía lambona e a banda molona 

O que nun principio ía ser un concerto para os nenos e nenas do municipio resultou ser unha gran festa tamén para os seus pais e nais. Durante case dúas horas ninguén parou de cantar e bailar as cancións de Uxía lambona e a banda molona. Un espectáculo do que desfrutaron todas e todos os que se achegaron ata a alameda de Ordes na tarde de onte, o cal forma parte do programa Unha viaxe pola cultura, organizado polo Concello de Ordes. Incluso máis dun e dunha tiveron a oportunidade de compartir escenario arroupados por esta divertida e particular banda, poñendo de manifesto os seus dotes artísticos e talento musical.
 

Gran festa con Uxía lambona e a banda molona