Este vindeiro domingo, 8 de maio, tense organizado un gran xantar e baile no restaurante Barreiro.
A Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes celebrará o vindeiro domingo, 8 de maio, o seu XXX aniversario.  Para festexalo tense convocado un gran xantar no restaurante Barreiro, situado na parroquia de Leira, o cal estará seguido de baile. A cita está posta para as 14.30 horas, polo que a partir das 14.15 horas sairá da Alameda de Ordes un autobús para as persoas que non dispoñan de vehículo propio. Ademais de representantes de distintos ámbitos da sociedade ordense tense confirmada a asistencia do alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo. As inscricións estanse a levar a cabo na tenda de complementos María Corbelle, na avenida Alfonso Senra. O prezo por persoa ascende a 30 euros.
     A Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes conta a día de hoxe con máis de 200 membros. Entre as múltiples actividades que desenvolven figuran charlas informativas, viaxes culturais, clases de cociña, palillos, traballos manuais, cursos de restauración etc.