A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca cursos de Iingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de linga galega (Celga). A convocatoria publicouse no Diario Oficial de Galicia n°. 47, do 8-3-2017). 
Destinatarios: persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os cumpran no ano 2017. 
Duración: Cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas, distribuidas en sesións de dúas horas e media cada día. 
En Ordes impartirase un destes cursos: 

  • Nivel: Celga 2
  • Código: CL220171505901
  • Lugar: IES n° 1 (Rúa Mestre Nicolás del Río, s/n)
  • Datas: do 18-4-2017 ao 7-6-2017
  • Horario: das 18.30 ás 21.00 h.
  • Días: de luns a xoves 

Solicitudes: As solicitudes dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED104B, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal e na páxina web http://www.lingua.gal, que permite cubrir e editar a solicitude. 
Só se poderá presentar unha única instancia e solicitar un único curso por persoa. 
Prazo para a presentación das solicitudes: será de 20 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (desde o 9 ata o 28 de marzo de 2017).