Esta fin de semana levouse a cabo en Ordes unha homenaxe ao militar Juan Díaz Porlier. O programa incluíu distintas actividades entre recreacións históricas, cantares de cego interpretados por Moncho do Orzán, encontros literarios a cargo de Fernando Patricio Cortizo e Rafael Lema Mouzo, roteiros e unha cea. En total foron máis de 30 persoas as que non se perderon esta cita en lembranza deste militar que no ano 1815 se rebelou contra o absolutismo que suprimira as liberdades da Constitución de Cádiz, e que posteriormente foi apresado no coñecido Mesón de Deus, na mesma vila de Ordes. 
 
Ademais do Concello de Ordes apoiaron esta iniciativa, encabezada polo escritor local Jacobo Ríos, os seguintes establecementos: Gadis, librería Arume, Museo do Traxe Juanjo Liñares, Mesón de Deus, panadería Gende, pastelería Nogallás, Eroski e librería Arenas.

Veciños e veciñas de Ordes rememoran a figura e as fazañas de Juan Díaz Porlier