Novo curso de Celga 2 impartido polo SNL da Mancomunidade de Ordes
O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes iniciou hoxe as clases dirixidas á obtención do título de lingua galega Celga 2. En total inscribíronse un total de 10 persoas, co obxectivo principal de acadar a certificación das competencias básicas en lingua galega e para obter o certificado de lingua galega, requisito indispensable para procesos de seleccións no ámbito público. As clases están programadas en horario de mañá os luns, martes e xoves ata o próximo 3 de novembro.
