O Recreo saca en procesión á Virxe de Lurdes
Este domingo os veciños e veciñas da rúa O Recreo sacaron en procesión a súa patroa. A Virxe de Lurdes percorreu non só esta rúa senón tamén outras vías do casco urbano de Ordes, causando expectación entre moita xente que non puido evitar saír ás ventás ou parar o seu paso pola rúa para contemplar a imaxe. Entre as persoas asistentes ao acto non faltaron o alcalde de Ordes e a concelleira de Medio Ambiente, José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, así como outros membros da corporación municipal. A procesión estivo acompañada pola música de Embruxo Gaiteiros.
