spacer
Empatía Teatro enche a Casa da Cultura

Un día máis quedou clara a boa acollida do público ordense co programa Outono Cultural, especialmente cando se trata de teatro. Non se pode dicir outra cousa tras ver o cheo absoluto que o auditorio da Casa da Cultura rexistrou este pasado venres, xornada na que se representou a peza Esas cousas marabillosas. A través dun texto de Duncan Macmillan, Empatía Teatro ofrece unha historia na que un neno de corta idade decide realizar unha listaxe das cousas importantes polas que paga a pena vivir despois dun intento de suicidio por parte da súa nai. 

Organizado polo Departamento de Cultura do Concello de Ordes, o programa Outono Cultural conta co apoio da Deputación da Coruña.
 

Empatía Teatro enche a Casa da Cultura