Terá lugar o 18 de outubro no pavillón Campomaior. Os fondos recadados destinaranse á investigación oncolóxica e a soster servizos gratuítos para pacientes e familiares

A Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Ordes organiza unha nova edición da súa tradicional Comida Solidaria. O evento ten como principal obxectivo recadar fondos para apoiar a investigación oncolóxica e soster os servizos de axuda gratuítos dirixidos a pacientes e familiares. 

     A cita terá lugar o domingo 18 de outubro, ás 14 horas no Pavillón Campomaior. Nesta ocasión, o xantar estará servido polo restaurante Casa Taboada de Touro. Unha xornada que estará chea de sorpresas para as persoas asistentes e que contará coa actuación musical de Carlos Manteiga.

     Os tíckets para asistir ao evento teñen un prezo de 45 € para persoas adultas e de 20 € para nenos e nenas. Estarán á venda ata o mércores 14 de outubro nos seguintes establecementos: Restaurante Hotel Barreiro, Café Bar Salón. Tamén nas farmacias Pilar Cristin Mariño, Divina Pájaro Lago, Jacobo Martín e Beatriz García Raña (Santa Cruz de Montaos), así como por parte dos membros da directiva da Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Ordes.

     Unha vez máis o Concello de Ordes colabora estreitamente na posta en marcha desta iniciativa. Fai un chamamento a toda a veciñanza e á dos  municipios limítrofes para sumarse a esta causa.

Comida solidaria organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Ordes