spacer
A comedia teatral Cotorras enche a Casa da Cultura 

O escenario do Auditorio María del Carmen Regueira Amor, situado na Casa da Cultura de Ordes, foi o escollido pola compañía Malasombra Producións para a estrea do seu último proxecto teatral, a comedia Cotorras. Os seus protagonistas, os actores Luis Iglesia e Victoria Teijeiro, fixeron unha dobre representación o xoves e venres 24 e 25 de setembro. Ambos os días o patio de butacas presentou un cheo absoluto.  

Cotorras pode definirse como unha comedia fresca, áxil e mordaz que afonda na vida dunha parella atrapada na rutina. O que comeza como unha noite calquera transfórmase nunha sucesión de revelacións sobre as relacións, a falta de comunicación, as xerarquías e a busca da felicidade, á par que florecen actitudes e comportamentos machistas.

A comedia teatral Cotorras enche a Casa da Cultura