O Concello de Ordes celebrará este venres, 25 de setembro, unha nova sesión ordinaria do Pleno municipal.

A sesión terá lugar ás 18:00 horas na Sala de Conferencias dos baixos da Alameda, na rúa Xoxardo.

A orde do día será a seguinte:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior, sesión ordinaria do 31/07/2026.

  2. Informes da Alcaldía.

  3. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal nº 14, reguladora da taxa por cemiterio municipal.

  4. Aprobación inicial da modificación das ordenanzas fiscais nº 18, reguladora da taxa pola prestación do servizo de auga potable, e nº 19, reguladora da taxa de sumidoiros.

  5. Excepción dos límites establecidos polo artigo 174.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o TRLRFL, aos compromisos de gastos plurianuais: ampliación do número de anualidades do contrato dos servizos de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, limpeza viaria e recollida e transporte de residuos téxtiles no Concello de Ordes.

  6. Dar conta das resolucións e decretos da Alcaldía.

  7. Mocións.

  8. Rogos e preguntas.

A sesión poderá seguirse en directo a través da aplicación municipal e tamén por Radio Ordes, no 107.3 FM.

A información sobre as sesións plenarias do Concello pode consultarse no apartado de Plenos da web municipal. (concello.ordes.gal)

Pleno ordinario do mes de setembro de 2026