AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR – CURSO 2026/2027
O Concello de Ordes informa da convocatoria de axudas económicas destinadas á compra de material escolar para o curso 2026/2027.
Estas axudas están dirixidas ao alumnado que curse estudos en centros de ensino sostidos con fondos públicos nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria (ESO).
As persoas interesadas deberán presentar o correspondente modelo de solicitude (Anexo I), no que se recollen os datos da persoa solicitante, do alumnado para o que se solicita a axuda e da unidade familiar.
Para a tramitación da axuda, o formulario inclúe tamén as autorizacións necesarias para a consulta dos datos tributarios e da Seguridade Social, así como as autorizacións para a consulta de información catastral dos proxenitores.
A documentación que se presente deberá cumprir co establecido nas bases da convocatoria.