O Concello de Ordes informa da convocatoria das axudas a prol da natalidade no municipio durante o ano 2026.

Xa está dispoñible o impreso de solicitude e a documentación necesaria para tramitar estas axudas.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 25 de setembro ao 26 de outubro de 2026, ambos incluídos.

O formulario inclúe os datos da persoa solicitante, do cónxuxe ou parella, se é o caso, e do fillo ou filla, así como os datos bancarios e os relativos ás notificacións electrónicas.

Entre a documentación que deberá acompañar a solicitude inclúese o compromiso de manter o empadroamento e a residencia efectiva tanto da persoa beneficiaria como do seu fillo ou filla no Concello de Ordes durante un período mínimo de tres anos, así como a declaración xurada correspondente e as autorizacións para a consulta de datos ante as distintas administracións.

AXUDAS Á NATALIDADE 2026 (NADOS EN 2025)