Terá lugar este venres en Ordes e a inscrición xa está aberta para socios, empresarios e autónomos da comarca 

AECOR, en colaboración coa Xunta de Galicia, Comercio Galego e o Concello de Ordes, impulsa unha nova acción formativa baixo o título Intelixencia Artificial aplicada ao comercio. Terá lugar este mércores, 23 de setembro, ás 20.30 horas nos baixos da Alameda de Ordes. O seu principal obxectivo pasa por dar a coñecer as posibilidades reais que ofrece esta tecnoloxía para mellorar a xestión diaria dos comercios, na optimización do tempo, como reforzo da comunicación coa clientela e para facilitar a creación de contido atractivo para estratexias de márketing e vendas.

     Esta xornada formativa estrutúrase en base aos seguintes bloques temáticos: Introdución á Intelixencia Artificial, Aplicacións prácticas da IA no comercio, ChatGPT como asistente para o comercio, Márketing e comunicación con IA, Atención ao cliente con IA, Ferramentas de Intelixencia Artificial recomendadas, Boas prácticas (Protección de Datos) e Demostración práctica con exemplos reais. 

     O prazo de inscrición xa se atopa aberto, tendo prioridade os socios de AECOR, aínda que nesta ocasión a convocatoria faise extensiva a calquera autónomo ou empresa da comarca de Ordes. As prazas poden reservarse a través do teléfono 622 827 842 (de luns a venres de 8 a 15 horas).