Esta fin de semana Ordes viviu unha nova edición do Día do Deporte, cuxa finalidade pasa por darlle a coñecer a toda a veciñanza a variada oferta deportiva existente no municipio. 

Diferentes clubs e organizacións instalaran os seus postos informativos no Campo da Feira, facilitándolles a todas as persoas que ata alí se achegaron a práctica de modalidades como fútbol, fútbol sala, patinaxe, kickbóxing, taekwondo, tenis, tenis de mesa, atletismo, natación, ciclismo, actividades ao aire libre, lanzamento e precisión, tiro con arco, hóckey, billar e xadrez. Ao final da xornada non faltou o sorteo de agasallos.