Máis de 850 persoas participaron esta fin de semana na xuntanza de maiores organizada polo Concello de Ordes. O pavillón Castelao II foi o lugar escollido para servir un xantar popular, o cal estivo precedido por unha misa, ademais de contar tamén con baile.

Entre as persoas asistentes figuraron Perfecto Rodríguez Muíños, xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, quen acompañou ao alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, aos membros do equipo de goberno local e a outros representantes da corporación municipal.

Ordes reúne a máis de 850 persoas na súa tradicional xuntanza de maiores