• O levantamento das actas previas á ocupación están convocados o 21 de setembro,  na nave agraria no Mesón do Vento e na sala de xuntas do concello de Carral; e a formalización levaranse a cabo o 17 de novembro
  • Executarase un novo itinerario nesta vía, cunha lonxitude total de 1.780 metros, que suporá un investimento autonómico de preto de 1,2M€
  • Trátase de continuar a senda executada no límite de Ordes e Carral, na AC-542, con motivo do paso do Camiño Inglés, e conectala coa N-550, en Mesón do Vento

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria dos actos expropiatorios para a construción dunha senda na estrada AC-542 en Ordes. 

Os actos para o levantamento das actas previas á ocupación están convocados para o 21 de setembro, de 10 a 12 horas en Ordes, na planta baixa da nave agraria no Mesón do Vento; e ás 12.45 horas na sala de xuntas do concello de Carral. A formalización das actas de ocupación levaranse a cabo o 17 de novembro, na mesma localización e no mesmo horario. 

No seguinte enlace ao DOG pode ampliarse a información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260820/AnuncioG0181-100826-0001_gl.html 

Trátase dun novo itinerario impulsado pola Xunta, que sumará unha lonxitude total de 1.780 metros e suporá un investimento autonómico de preto de 1,2M€.

O primeiro treito comezará no punto quilométrico 19+600 da estrada, partindo da senda existente na marxe dereita, e continuando ata a beirarrúa do punto 20+920.

O segundo tramo discorrerá pola marxe esquerda, desde o punto 21+000 ata a glorieta que conecta coa N-550, no punto 21+380.

O obxectivo é dar continuidade á senda executada no límite dos municipios de Ordes e Carral, na AC-542, con motivo do paso do Camiño Inglés, e conectala coa N-550, ao seu paso por Mesón do Vento.

A XUNTA PUBLICA NO DOG A CONVOCATORIA DOS ACTOS EXPROPIATORIOS PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA SENDA NA ESTRADA AC-542 EN ORDES