O Encontro Folclórico encherá de música e tradición a Alameda de Ordes
Será o vindeiro sábado ás 20 horas e nel participarán catro formacións
Ordes prepárase para vivir unha nova xornada de exaltación da cultura galega co seu tradicional Encontro Folclórico. Un ano máis a Alameda de Ordes será lugar de encontro para agrupacións e público asistente. Promovida polo Concello de Ordes, a cita terá lugar o vindeiro sábado, 1 de agosto, ás 20 horas.
Nesta ocasión no cartel figuran: A.C. Veciños de Leira-Gaiteiros, A.C. Pandereteiras de Ardevento, A.C Camiño Real de Poulo e a Agrupación Folclórica-Cultural Sementes do Arte.