Organizado polo Concello, contará con catro equipos do municipio que se enfrontarán o 29 de agosto nun formato de semifinais e gran final.

O Concello de Ordes organiza unha nova cita co deporte afeccionado coa celebración do IX Trofeo San Roque 2026. O torneo de fútbol veterano terá lugar o vindeiro sábado 29 de agosto e reunirá aos seguintes equipos: Poulo C.F. Veteráns, O Mesón do Vento C.F. Veteráns, S.D.C. Órdenes Veteranos e o C.F. Veteranos Órdenes. 

Unha vez máis, o Complexo Deportivo de Vista Alegre será o escenario escollido para esta competición, que se desenvolverá baixo a modalidade de eliminatorias directas. O programa distribúese do seguinte xeito:

•    16:30 h (Semifinal 1): Poulo C.F. Veteráns contra Mesón do Vento C.F. Veteráns.
•    17:15 h (Semifinal 2): S.D.C. Órdenes Veteranos contra C.F. Veteranos Órdenes.
•    18:00 horas: Partido polo terceiro e cuarto posto entre os dous equipos perdedores das semifinais.
•    18:45 horas (Gran Final): Encontro definitivo entre os dous conxuntos gañadores.
 

Vista Alegre acollerá o IX Trofeo San Roque