O Concello de Ordes activa unha campaña de colaboración cidadá para mellorar o servizo de recollida de vidro
Xa están activadas distintas canles directas a través de WhatsApp, teléfono gratuíto e correo electrónico para informar ás brigadas de limpeza dos contedores que precisen ser baleirados
O Concello de Ordes acaba de poñer en marcha unha campaña de sensibilización e colaboración cidadá co obxectivo de acadar unha maior eficacia no servizo de recollida de vidro.
A administración local apela á veciñanza para manter os colectores verdes nas mellores condicións. Solicítalle que avise no caso de detectar que algún deles precise ser baleirado. Para isto xa están activadas diversas vías de contacto directo coas brigadas de limpeza. Estas son o número de WhatsApp 629 045 150, o teléfono gratuíto 900 555 700 e os enderezos electrónicos info@ecovidrio.es e correo@ordes.gal.
Para que a resolución das incidencias sexa o máis rápida e eficiente posible, pídese a usuarios/as que coa notificación adxunten tamén unha fotografía que amose o estado do punto de recollida e indiquen a localización exacta do contedor.
Con esta campaña, que conta co respaldo institucional da Xunta de Galicia e de Ecovidrio, o Concello de Ordes reafirma o seu compromiso coa sustentabilidade, o fomento da reciclaxe e a mellora continua dos servizos públicos básicos