A animación e a festa comezarán ás 19 horas coas actuacións musicais de Toni Seijas e DJ Rafa Astray. O acceso ao recinto será de balde.

O Concello de Ordes convida a toda a veciñanza a vivir de xeito conxunto o partido de semifinais do Mundial de Fútbol de 2026, que mañá martes enfrontará ás 21 horas ás seleccións de España e Francia.

O Campo da Feira converterase en punto de encontro para apoiar ao combinado nacional nunha cita histórica. Alí quedará instalada unha pantalla xigante de alta definición. Para quentar motores e xerar ambiente de festa a partir das 19 horas DJ Rafa Astray e Toni Seijas ofrecerán sesión musicais, coas que porán a banda sonora e o ritmo ás horas previas ao partido.

O acceso ao recinto será totalmente libre e gratuíto. As 200 primeiras persoas asistentes levarán merchandising de España de agasallo. Ademais, animamos a toda a veciñanza a vir coa camiseta, bufanda ou calquera outfit vermello para apoiar á selección e tinguir o Campo da Feira de vermello. Recomendase achegarse á zona co tempo suficiente de antelación.

O Concello de Ordes instalará unha pantalla xigante no Campo da Feira para vivir a semifinal do Mundial