Será o próximo 8 de agosto no pavillón Castelao I en horario de mañá

O próximo 8 de agosto o pavillón Castelao I acollerá un seminario especializado de Kickboxing na modalidade de Tatami Sport, máis concretamente nas disciplinas de Light Contact e Kicklight. A actividade arrancará ás 10 horas e concluirá aproximadamente ás 12.30 h.

    Martín Iglesias será o encargado de dirixir e impartir esta xornada formativa. Trátase dun dos atletas máis laureados nesta disciplina ao contar no seu palmarés con fitos como ser o actual campión do mundo de Kombat Taekwondo e o campión de Europa de Taekwon-do ITFU. A isto súmaselle ser triple campión de España neste 2026.
     A inscrición para participar nesta clase maxistral xa se pode reservar previo pago de 25 euros por persoa. Pódese facer a través do teléfono de contacto 641 787 819 ou ben na páxina web oficial da organización, en www.ordesfightclub.com. Organizado polo Ordes Fight Club Artes Marciales e Deportes de Contacto, o evento conta co patrocinio institucional do Concello de Ordes e a colaboración de Agarimo Atelier.